martes, 13 de noviembre de 2012

Martes 13

Mirou cara atrás e recorreuna un arreguizo. Reviviu o momento exacto no que ouviu a nova e ata cando viu as primeiras consecuencias daquel letal suceso.
O martes 13 do ano 2002 a Nosa Terra enfermou de gravidade. A esencia mesma de Galiza comezou a ser devorada e deglutida por unha masa inxente, colosal, inmensa. Un refugallo pastoso, imparable, mesto e pegañento enviado dende o mesmísimo Averno do que ningunha criatura do mundo animal se podía desprender unha vez caía nas suas fauces. As ondas, desesperadas, non facían máis que contribuir ao transporte da letal substancia.
Violábame, profranábame, corrompíame... E eu, vulnerable, non era quen de me defender. Chegaba a todos os recunchos do meu ser, subxugando a miña beleza. Tentei defenderme e Poseidón axudoume liberando en min o peso da sua cólera mais todo era en van. Chorei día e noite preguntándome cal tiña sido o meu pecado para ese castigo superlativo. Paseniñamente foron chegando xentes de aquí e de alá, persoas co corazón puro, para aliviar a miña solitaria desesperación e axudarme a eludir aquela morte segura. 

No hay comentarios: